Programación

O perfil profesional na xestión cultural hoxe

10 Feb , 2017  

16406548_1113654488743214_630736178297907024_n

 A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organiza segunda quedada 0 venres, 17 de febreiro 2017 no Matadoiro Compostela cunha mesa redonda na que abordar o perfil das persoas que na actualidade traballan na xestión cultural, desde modelos baseados na animación sociocultural á mediación cultural.  Participarán do encontro: Ania González, Diego V. Meizoso, Fran Quiroga e Xulio Noia […]

Novas, Programación

Seráns dos comúns. Mudando comunidades

10 Feb , 2017  

16406715_1732506383731897_9204712630513023134_n

Nun contexto de crise ambiental e social como o actual, o desenvolvemento de prácticas en clave de sustentabilidade –agricultura, gandeiría ecolóxica e respecto animal, uso sustentábel dos solos, construcións sustentábeis– tiñan que subverter o mantra do individualismo apostando pola articulación dun modelo de gobernanza e xestión comunitaria en prol do ben común. O proxecto Metamorfose […]

Novas, Programación

Desmontando o amor romántico

9 Feb , 2017  

Desmontando o amor romántico

  O 14 de febreiro, cita ás 19h45  no Matadoiro para desmontar as teorías do amor romántico no día que máis se maxifica.  A Plataforma Feminista Galega organiza para iso unha conversa-debate na que participarán Eva Garea, Vanessa Angustia e Encarna Otero. Eva Garea Profesora de Filosofía ou máis ben, estudante de Filosofía, como ela […]

Novas, Programación

Economía para o bo vivir: achegas feministas para outro mundo posíbel

8 Feb , 2017  

16523887_10211935619334763_1552392269_o

O sábado, 18 de febreiro 2017 ás 10h30 o PIC (Proxecto Integral Compostela) propón unha achega aos principios da economía feminista e da súa crítica a un sistema que pon o mercado e a acumulación de beneficios por diante da vida, que supón consecuencias nefastas para as persoas e para a natureza. Durante a sesión […]

Programación

Roller Derby. Un deporte sen pelotas por e para mulleres

6 Feb , 2017  

LogoAsbrigantias

As Brigantias Roller Derby chegamos desde a Coruña coa pretensión de ofertar unha actividade deportiva dirixida á poboación feminina de Compostela. É visíbel, polos datos sobre o número de licenzas deportivas, que as mulleres realizan menos deporte que os homes. Isto explica en parte que as mulleres se atopen nunha situación de desvantaxe a nivel […]

Programación

Cheverografías

6 Feb , 2017  

chevere

O grupo Chévere inventouse entre bares, rúas e escolas de Compostela en 1987, xusto antes de iniciarse a transformación da cidade. Chévere aprendeu o oficio teatral explorando a cidade, paseándoa, perdéndose nela. Meteuse dentro e sentiuna latexar. Acabou por ocupar o lugar que lle correspondía nun barrio marxinal que estaba xa camiño de Fisterra, provocando […]

Novas, Programación

Superpunky. O musical+ Dálle jas

5 Feb , 2017  

unnamed

O venres, 10 de febreiro 2016 ás 20h30, estrea no Matadoiro Compostela de Superpunky. O musical e mais da segunda temporada da webserie Dálle jas coa proxección do primeiro e o segundo capítulo.  O evento contará coa presentación por parte da equipa técnica e artística máis coloquio posterior. Superpunky é unha curtametraxe musical gravada integramente en […]

Programación

Homenaxe ao poeta Carlos Ana

5 Feb , 2017  

IMG_6928

O Sindicato de Estudantes levará a cabo o día 9 de febreiro o seu primeiro evento cultural en Compostela para homenaxear ao poeta recentemente falecido, Marcos Ana. O lugar escolleito, o Matadoiro. Marcos Ana poeta antifranquista, que logo de 23 anos preso e represaliado durante a dictadura, con 42 anos foi posto en liberdade. A […]

Novas, Programación

Por un 8 de marzo unitario

5 Feb , 2017  

8Mgz-xuntanza-banner

O sábado 11 de febreiro terá lugar unha cita aberta para preparar o 8 de marzo no Matadoiro. Ás 11h00 dará comezo unha xuntanza na que diferentes colectivos de mulleres, organizacións sociais e políticas sumarán forzas para traballar por un 8 de marzo unitario. O lema da manifestación que terá lugar o 5 de marzo en […]

Programación

I Xuntanza Galega sobre Contaminación Luminosa

4 Feb , 2017  

Calidade do ceo nocturno

O sábado, 4 de febreiro o colectivo Calidade do Ceo Nocturno organiza a I Xuntanza Galega sobre Contaminación Luminosa no Matadoiro Compostela. Participarán do encontro as asociacións Astrovigo, A. Astronómica Sirio de Pontevedra, A. Astronómica Coruñesa Ío e Clube Vega de Santiago, así como os investigadores Salvador Bará, da USC, e Raul Lima, do Politécnico […]