16523887_10211935619334763_1552392269_o

Novas, Programación

Economía para o bo vivir: achegas feministas para outro mundo posíbel

8 Feb , 2017  

O sábado, 18 de febreiro 2017 ás 10h30 o PIC (Proxecto Integral Compostela) propón unha achega aos principios da economía feminista e da súa crítica a un sistema que pon o mercado e a acumulación de beneficios por diante da vida, que supón consecuencias nefastas para as persoas e para a natureza.

Durante a sesión obradoiro indagarase nalgunhas das reflexións que plantexa esta corrente como punto de partida para pensar colectivamente en propostas e accións encamiñadas á construción de vidas que merezan ser vividas. O enfoque empregado será o da pedagoxía popular feminista, movemento focado na facilitación de procesos de análise da realidade e o empoderamento para a construción de subxectividades emancipadoras e prácticas de cambio social.

A xornada terá como remate un xantar de convivio para que o se pide traiades petiscos.

Data: sábado, 18 de febreiro 2017// Hora: 10h30-14h00// Lugar: Matadoiro Compostela

Facilita: Mari Fidalgo (psicóloga social, feminista e activista na construción de vidas dignas, plenas, felices e en liberdade)

Organiza: PIC (Proxecto Integral Compostela)

O PIC (Proxecto Integral Compostela) é unha rede de intercambio de produtos e servizos que procura o desenvolvemento dunha economía social comunitaria. Todos os meses realizan encontros de organización e traballo no Matadoiro Compostela.

 

By


Comments are closed.